top of page

VALORACIÓN DO MEU TRABALLO.

En canto ao estudo destes temas o máis doado de aprender para min foi a revolución francesa, xa que vimos moitos vídeos na clase, unha película, fixemos actividades con imaxes... Este uso visual faime aprender e entender mellor. Polo contrario, o tema máis complicado na miña opinión foi o da II Guerra Mundial xa que contiña moito temario e levoume bastante tempo preparar o exame. 

En canto ao traballo, o máis fácil foi acordarme dos esquemas feitos na clase e logo engadilos ao blog cunha breve explicación preto deles. En cambio, o máis difícil foi pensar como plasmar en dixital todos os conceptos que eu estudara anteriormente. Finalmente, penso que esta dificuldade foi o punto máis forte da miña plataforma, a orixinalidade de expresar as ideas, sen que semellen algo moi complexo.

Uxía Freire Díaz 4ºA ESO

bottom of page